Laxeiro conversa coa obra de artistas coetáneos

VIGO

Óscar Vázquez

A exposición reúne obras de tres colecciones distintas

21 abr 2017 . Actualizado ás 00:40 h.

A sala de exposicións do Teatro Afundación acolle ata o 15 de xullo a mostra «Laxeiro en conversa. Diálogo con artistas contemporáneos» articulada con obras procedentes das coleccións de arte de Afundación, Abanca e a Fundación Laxeiro. Un total de 39 pezas mostran a proximidade entre as creacións de José Otero Abeledo, Laxeiro, e outros autores que, a pesar de ser posteriores a el, comparten a idea de concibir a arte como un reflexo de pulsións internas máis que na plasmación de realidades externas. Unha arte intensa, de paixóns e ilóxica que caracterizou a produción do Laxeiro máis informalista e que se atopa nas obras de Lamazares, Caxigueiro, Barbi ou Almudena Fernández, entre outros moitos artistas presentes nesta mostra. 

Dentro dos obxectivos da área de Cultura de Afundación figura o establecemento de liñas de colaboración con entidades culturais de prestixio, tanto galegas como foráneas, así como o apoio e divulgación da obra de artistas galegos. A La sumas destes dous obxectivos responde a confección desta mostra, que tende unha ponte entre Afundación, Abanca e a Fundación Laxeiro.