O home do sorriso sereno

Xosé Ramón Penoucos Blanco
X. R. Penoucos TRIBUNA

SOCIEDADE

20 may 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Hai xente da que se di que mira a morte á cara, pero poucos lle sorriron. Ata que chegou Germán e fíxoo, con ese sorriso sereno coa que encarou a ELA que lle diagnosticaron hai pouco máis de medio ano. Germán tiña tres paixóns -á marxe da veneración pola súa filla Alba, da que sacaba forzas-: a Garda Civil, o fútbol e o seu Monforte. Precisamente intentaba correr a banda cando notou que algo non ía ben. Un par de meses despois chegou a triste nova: a enfermidade traizoeira afectáballe. Decidiu non renderse e puxo en marcha unha fundación para loitar contra a ELA. No camiño atopou o respaldo dos seus compañeiros, aos que se sumaron adhesións como a do rei Felipe VI , o ministro do Interior, Juan Ignacio Zoilo, ou os deportistas Diego López e Puyol. Onte foise, que non o venceu a ELA, e agora volve correr no ceo.