A revista OK fai balance dos problemas de oído dos galegos

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDADE

Varios especialistas dan a súa opinión acerca dos problemas que afecta á poboación, que cada vez se producen a unha idade máis temperá

29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A revista de saúde OK, que mañá se entrega gratis con La Voz, fai balance esta semana da saúde autidiva dos galegos, nun número especial no que varios especialistas dan a súa opinión acerca dos problemas que afectan á poboación, que cada vez se producen a unha idade máis temperá. Os expertos alertan sobre a necesidade de limitar o uso de aparellos que permiten escoitar música a volume moi alto, que están a causar perdas auditivas aos máis novos.