Un manual de instrucións para as situacións de urxencia máis comúns

Uxía Rodríguez / Álex López-Benito

SOCIEDADE

Uxía Rodríguez / Álex López-Benito

Como actuar ante un infarto? Que facer se imos circulando e atopámonos cun accidente de tráfico? Pódenos pasar a calquera pero non todos estamos preparados para actuar correctamente por iso é tan importante ter uns coñecementos básicos de primeiros auxilios

07 mares 2020 . Actualizado ás 15:26 h.

Como actuar ante un infarto? Que facer se imos circulando e atopámonos cun accidente de tráfico? Pódenos pasar a calquera pero non todos estamos preparados para actuar correctamente por iso é tan importante ter uns coñecementos básicos de primeiros auxilios. Un médico e un enfermeiro do 061 ensínannos nestes vídeos como debemos facer as manobras de reanimación cardiopulmonar, como axudar a alguén que se está atragantando ou que sufriu un golpe de calor. Todo un manual de instrucións para situacións de urxencia.

Como axudar se alguén ten un infarto

Unha parada cardiorespitatoria é unha interrupción brusca e inesperada do funcionamento do corazón e os pulmóns. A chamada RCP (reanimación cardiopulmonar básica) comprende un conxunto de técnicas encamiñadas a substituír as funcións respiratorias e circulatorias que toda a poboación debería coñecer.

Como actuar ante un atragantamiento

É unha das manobras por excelencia en primeiros auxilios. Un atragantamiento é algo moi habitual pero, sorprendentemente, a poboación non está adestrada para enfrontarse a esta situación. É moi importante non impedir que a persoa tosa e non intentar extraer o corpo estraño manualmente. A manobra de Heimlich é sinxela e pode chegar a salvar unha vida.

 Como actuar nun accidente de tráfico

Os accidentes de tráfico son a terceira causa de morte en todos os grupos de idade. Nos nenos é a primeira. Ante todas as situacións de urxencia é primordial non perder a calma. Un principio que en, este caso, é aínda máis importante. Primeiro témonos que pór nós a salvo e despois intentar axudar pero tendo moi en conta as nosas limitacións.

Como actuar ante un golpe de calor

Coa chegada do bo tempo e a subida das temperaturas os golpes de calor tamén fan a súa aparición. A prevención é a clave. Unha vez que non se evitou estes son os puntos básicos que debemos coñecer.

 Como actuar ante unha persoa que convulsiona.

Ao contrario do que moitas veces se adoita pensar non toda convulsión se debe a unha crise epiléptica. Ante esta situación é case máis importante o que NON se debe facer que o que se debe facer. Hai demasiados erros na forma de actuar ante unha persoa que sofre convulsións. Por exemplo: non hai que intentar abrirlle a boca.