«Ía todos os días á estación de tren de Múnic a comprar La Voz»

Toni Silva A Coruña / LA VOZ

SOCIEDADE

Eduardo Pérez / Álex López-Benito

Emigrante en Alemaña, Francisco Suárez asegura que non conduce outra marca que non sexa Mercedes desde que probou o primeiro

20 abr 2017 . Actualizado ás 10:43 h.

Quedaba un coche e acabou nun garaxe de Arteixo. Francisco Suárez (Mazaricos, 1945) levou o terceiro Mercedes Benz que regala La Voz de Galicia. E o coche non estará precisamente só. En casa de Francisco non gasta outra marca. Tivo un 300D ao que se refire como «o de antes», e nos últimos anos ha conducido un 220, «o elegante». Pero a dilatada experiencia con Mercedes non lle fixo perder a ilusión por esta marca: onte acudiu a recoller o seu novo vehículo hora e media antes do acto de entrega.

-Privilexios dun xubilado. Todo o tempo é seu.

-Si, non tiña présa e si moitas ganas de velo. Gustaríame volver con el a Alemaña.

-Volver? A Alemania?

-Traballei alí preto de vinte anos, en Múnic, de encofrador. E logo seguín aquí co mesmo oficio. Foron bos anos, non hai queixa daquela xente.

-Nin dos coches, supoño.

-Nin dos coches, de Mercedes é difícil aburrirse, que se quiten as outras marcas. Eu cargaba o meu coma se fose un tractor e aguantaba con todo. Fíxenlle 897.000 quilómetros e nin unha avaría. Agora quérome levar este a a Oktoberfest de Múnic. Sabes que alí lía La Voz?

-En Múnic?

-Si, ía todos os días á estación de tren a comprala. Sempre lin La Voz. Ata recordo que un compañeiro de cuarto no hospital, cando ingresei por unha pneumonía, traíame o xornal ao cuarto. Deus, como roncaba aquel home polas noites.

-Ten casa grande para tanto coche?

-Si, ho, casa hai. No garaxe caben os dous.

-E onde compra agora La Voz?

-En Pastoriza, no bar de Pili. Miúdo abrazo deume ela, quedou contentísima con que me tocou. É coma se caese o gordo en Pastoriza.

Fixen esta e as outras dúas cartillas, La Voz nunca me falta en casa, desde sempre.

-E que é o que máis lle gusta ler?

-Pois de todo. O que non me gusta é ler de guerras e inxustizas, de xente que sofre. Nin de xente que anda facendo o bobo por aí. Hoxe mesmo [por onte] lin que un home ía borracho pola AP-9 e en sentido contrario.

-A vostede iso non lle pasa.

-O de beber ao volante dígoche claro que non. O outro, home, calquera se pode despistar.