Arde unha chabola en Teo e o veciño que deu a alerta férese nunha perna

Xurxo Melchor
Xurxo Melchor SANTIAGO

TEO

O home sufriu unha caída e o 112 enviou unha ambulancia para atenderlle

28 abr 2017 . Actualizado ás 23:21 h.

O incendio dunha chabola no lugar de Carballal, na parroquia teense de Calo, obrigou a mobilizar aos bombeiros de Ordes e a Urxencias Médicas, debido a que o home que chamou ao 112 Galicia para alertar do sucedido sufriu unha caída e lesionouse nunha perna.

O lume hase iniciado ao fío das 14 horas e o único ferido é o home que sufriu a caída fortuíta. O 112 Galicia tamén puxo en alerta á Policía Local e a Protección Civil de Teo e informou do incidente aos Bombeiros de Santiago, que non tiveron que intervir porque o incendio non revestía en principio un gran perigo, único suposto no que o parque compostelán debe atender urxencias fóra da cidade.