«Sodes galegos porque queredes».

La Voz

SANTIAGO CIDADE

CEDIDO

Oitenta alumnos estranxeiros recibiron os seus diplomas como participantes nos cursos de galego

25 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Remataron os cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros, «Galego sen fronteiras», cun acto de clausura no Paraninfo da USC. Os 80 estudantes recibiron os seus diplomas, así como unhas palabras de agradecemento do presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes: «Sodes galegos porque queredes, e iso é impagable». O acto, no que participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, pechouse coa actuación de dúas alumnas niponas, que interpretaron varios poemas de Rosalía e Cabanillas.