Madrid insiste no seu rexeitamento a custear ao cambio de nome do aeroporto

La Voz

SANTIAGO CIDADE

27 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Cando o Concello de Santiago, co apoio unánime dos grupos municipais, decidiu rebautizar o aeroporto de Lavacolla como Rosalía de Castro, o propio ministro de Fomento apoiou a idea e deu luz verde ao cambio. Uníase desta forma á Xunta, o Parlamento galego e diversos colectivos. Pero unha cousa é mudar o nome, cos parabéns de todo o mundo, e outra diferente sufragar os gastos.

Onte, o ministro comunicou ao alcalde que non está disposto a custear a operación. No entanto, Íñigo da Serna quedou en darlle unha resposta definitiva nos próximos días. O importe da actuación aínda non se concretou, pero noutros municipios a mudanza roldou os 50.000 euros.

Raxoi xa asume, en todo caso, que terá que axenciarse os recursos necesarios entre as institucións galegas.