Unha mostra en Fonseca conmemora os 40 anos de FOGA

La Voz

SANTIAGO CIDADE

A exposición sobre o grupo artístico Fato Ounirista Galego poderase ver ata o 7 de xaneiro

04 dic 2015 . Actualizado ás 10:39 h.

Un  repaso polos 40 anos do grupo artístico Fato Ounirista Galego (Foga) protagoniza a exposición que pode verse desde onte e ata o próximo 7 de xaneiro no Colexio de Fonseca. 

XOÁN A. SOLER

Entrega dos galardóns Xuventude Crea. Os gañadores desta edición nas once modalidades diferentes do premio Xuventude Crea recibiron onte o seu galardón nun acto que estivo presidido polo conselleiro de Política Social , José Manuel Rey, celebrado na Cidade da Cultura.  

Premios Santa Bárbara. A Cámara Oficial Mineira de Galicia entregou os seus premios Santa Bárbara pola festividade da súa patroa. Os galardoados foron Martín Cortés, fundador de asínaa Canteiras O Pozo, pola súa traxectoria, e a xornalista Alexandra Moledo. Recibiron as distincións de mans do presidente da Cámara, Juan de Dios Martín, e da directora Xeral de Recursos Minerais, María José Mijares.