Arrinca a Mostra de Cinema Etnográfico

La Voz

SANTIAGO CIDADE

02 jun 2015 . Actualizado ás 05:00 h.

As sesións de cine etnográfico arrincarán hoxe ás 18 horas con Tempo dá colleita, de Félix Blume (Galicia, 2008); ás 18.30, proxectarase Ciclo combinado, de Sabela Pernas Soto e Nuria Castro Prieto (Galicia, 2006); ás 19.00, Not anymore: a story of revolution, de Matthew VanDyke (EE.UU, Siria e Turquía, 2013); ás 19.30, Ser e Voltar, de Xacio Baño (Galicia, 2014); e ás 20.00, A estraña elección, de Carmen Comadrán (Asturias, 2014).

A entrada é gratuíta e é necesario recoller previamente unha invitación na recepción do museo (ata 10 minutos antes de cada sesión).

O Museo do Pobo Galego inaugura esta tarde a súa Mostra de Cinema Etonográfico, que cumpre a súa décima edición e para celebralo incluirá unha sección retrospectiva que mostrará algúns dos filmes galegos que pasaron por ela nos últimos nove anos. Durante cinco xornadas, ata o sábado, o auditorio do museo compostelán exhibirá preto de vinte películas realizadas en Portugal, Israel, Estados Unidos, Euskadi, Valencia, Cataluña, Asturias e Galicia. E, como é xa habitual, proxectaranse as cintas premiadas no Espiello, o Festival Internacional de Documental Etnográfico de Sobrarbe (Huesca), así como as que o propio centro selecciona para a sección Carlos Velo .

Desde as 18 horas. Museo do Pobo Galega. Entrada gratuíta.