Puntada sen fío presenta no CGAC «A lúa prendeu a luz»

La Voz

SANTIAGO CIDADE

29 may 2015 . Actualizado ás 05:00 h.

O grupo galego Puntada sen fío presenta ás 21 horas no CGAC o seu primeiro disco, A lúa prendeu a luz, composto de nove pezas de autor e tradicionais revisadas. O trío, que incorpora instrumentos pouco habituais ao seu repertorio, contará para neste concerto con artistas invitados, entre eles, Paco Barreiro (autor de Eco, o tema principal do disco); Xacobe Varela, que colabora nunha das cancións; ou Rosalía Fernández Rial, que recitará o poema que interpreta o grupo. Entrada 3 euros.