Rouban todas as rodas dun coche en Lestrobe

La Voz

DODRO

CEDIDA

A vítima foi un veciño que aparcara o vehículo case diante da súa casa

29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Sobre bloques. Así lle deixaron o coche a un veciño de Lestrobe, en Dodro, tras roubarlle as catro rodas do mesmo, todas novas. Ocorreu na madrugada do pasado martes e o vehículo estaba aparcado case diante da vivenda do propietario, que xa presentou denuncia.