Dodro saca a concurso unha licenza de taxi, cun prezo de licitación de 3.500 euros

La Voz DODRO / LA VOZ

DODRO

O pleno tamén aprobou contratar o servizo de axuda no fogar para persoas dependentes

28 abr 2017 . Actualizado ás 15:00 h.

O pleno do Concello de Dodro aprobou onte por unanimidade sacar a concurso unha licenza de autotaxi, por un período indefinido. O prezo de licitación do concurso é de 3.500 euros, que o BNG cualificou de «excesivo», aínda que se congratulou de que Dodro cre un posto de traballo. De acordo co alcalde Valentín Alfonsín, o Concello sacará a concurso o próximo ano unha segunda licenza de autotaxi. O pleno tamén aprobou, cos votos a favor do PP, contratar cunha nova empresa o servizo básico de axuda no fogar para persoas dependentes, por un prazo de dous anos, prorrogable outros dous. O prezo do contrato é de 336.660, 44 euros, IVE incluído, por 1.200 horas ao mes. Unha parte dese gasto subvenciónao a Xunta, segundo explicou a concelleira de Servizos Sociais, Marisol Boga.