O Concello asina convenios sobre desafiuzamentos e migrantes

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

alexis rei

Colaborará co Colexio de Avogados e a Plataforma polo Emprego

27 jul 2017 . Actualizado ás 23:38 h.

O goberno municipal asinou onte senllos convenios co Colexio de Avogados e a Plataforma polo Emprego para o desenvolvemento de accións durante este ano 2017 por un importe de 25.000 euros. O acordo co Colexio, representado polo seu decano, Francisco José Rabuñal, ten por obxecto o acompañamento ás persoas que poidan estar nunha situación de perder a súa vivenda habitual. Cóbrese así, segundo Rabuñal, un oco que non cobre a xustiza gratuíta.

Coa Plataforma, representada por Miguel Fernández, o convenio diríxese a 30 persoas migrantes desempregadas ou con emprego precario. A edila Concha Fernández dixo que o programa persegue a incorporación sociolaboral destas persoas e o desenvolvemento de actividades culturais e a visibilización da comunidade migrante.