Voluntarios galegos farán compaña a maiores que viven sos

Elisa Álvarez González
Elisa Álvarez SANTIAGO

SANTIAGO

M.MORALEJO

O programa quere mellorar a atención a estas persoas e detectar posibles problemas de saúde

30 jun 2017 . Actualizado ás 14:49 h.

Chámase «Acompaño» e é un programa da Consellería de Política Social para que os voluntarios galegos acompañen a persoas maiores que viven soas. Trátase dunha iniciativa que arrinca xa e na que a Dirección Xeral de Voluntariado seleccionará a estes participantes e as entidades sociais aos maiores. O acompañamento será de tres días máximo por semana e non máis de oito ao mes, durante un mínimo de dúas horas aodía . A Xunta asume o custo do desprazamento e a manutención das persoas que queiran axudar aos maiores.

E cal é o obxectivo desta medida? Promocionar a vida independente dos galegos que superan os 65 anos, un de cada catro en Galicia, detectar posibles problemas de saúde e mesmo o risco de depresión, inquedanza ou inseguridade que poidan sufrir. Rey Varela, conselleiro de Política Social, presentou este programa no Gaiás diante de representantes das entidades de iniciativa social e tivo que lidar coas queixas que algún destes portavoces verteron á Xunta pola falta de apoio económico a algunhas iniciativas solidarias.