Os servizos mínimos do bus urbano só se respectan nas liñas de Tralusa

SANTIAGO

Os autobuses das demais empresas suspenden os desprazamentos a Grixoa e Arins

28 jun 2017 . Actualizado ás 12:28 h.

A cuarta xornada de folga no transporte urbano, metropolitano e por estrada amenceu con novos incumprimentos do decreto de servizos mínimos. Só Tralusa cumpriu, e tampouco ao 100%. A liña que cobre o desprazamento a lugar de Ortoño non estás a ser atendida por tratarse dun servizo que afecta a dous concellos, neste caso Santiago e Ames. Se están a funcionar as demais liñas urbanas dos servizos mínimos. Tampouco están a funcionar, aínda que foron incluídas dentro do decreto negociado co Concello de Santiago, outras liñas que están atendidas por empresas alleas a Tralusa. Estas son as que van a Grixoa e Arins, así mesmo tampouco se atendeu o servizo das 7:30 da mañá que vai ao polígono do Tambre, por ser tamén unha liña atendida por unha empresa diferente á municipal. Na estación de autobuses tampouco hai servizo nesta xornada. 

Durante a mañá de hoxe, a falta de transporte urbano está a facer que moitos máis Compostela nos teñan que recorrer ao coche particular, isto unido á choiva está complicando a circulación.