Os futbolistas Lucas e Samu visitan aos nenos do campus do Compostela

N. C. SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Picasa

O horario de adestramentos e xogos será de dez da mañá a unha da tarde e de catro a sete da tarde

26 jun 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Arrinca hoxe a segunda edición do campus de verán do Compostela. Iniciarase no campo municipal das Cancelas. Os nenos e nenas inscritos gozarán dunha semana na que se divertirán xogando e adestrando. Tamén realizarán outras actividades.

O horario de adestramentos e xogos será de dez da mañá a unha da tarde e de catro a sete da tarde. Ademais, case a metade dos nenos apuntáronse á comida, que se realizará no Centro Comercial As Cancelas. Todos os días, os nenos terán a visita dun invitado especial, fóra da primeira xornada, na que serán dúas. Hoxe achegaranse ao campus Lucas e Samu, xogadores do primeiro equipo. Mañá estará o árbitro de Segunda División B Alain Kevin García e o mércores contarase con Borja Iglesias , máximo goleador do Celta B e que realizará a pretemporada co primeiro equipo vigués. O xoves estará cos nenos a recente fichaxe do club, Álvaro Casas. Para o venres, o invitado está aínda por determinar. A maiores, haberá sorteos de agasallos. O último día, os participantes no campus recibirán un diploma que acredita que participaron nesta segunda edición.