Feijoo lamenta que a folga de transporte use de «reféns» aos escolares

Juan María Capeáns Garrido
Juan Capeáns SANTIAGO

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

Considera «gravísimo» o incumprimento dos servizos mínimos e percibe «cousas raras» nos posicionamentos de traballadores e empresas

22 jun 2017 . Actualizado ás 15:26 h.

O presidente da Xunta cualificou de «gravísimo» o incumprimento dos servizos mínimos na folga de transporte por estrada celebrada esta semana e para a que hai novas convocatorias. Alberto Núñez Feijoo puxo o acento especialmente na incidencia que tivo no transporte escolar de miles de escolares galegos, aos que considerou «reféns» de involuntarios que non se merecen «un trato así» por unha discusión entre a Administración pública e as empresas. «O dereito á folga é tan sagrado como o cumprimento dos servizos mínimos», argumentou o xefe do Executivo, quen comparou a situación xerada esta semana con que o persoal das urxencias hospitalarias non fóra a traballar por unha folga laboral.

PACO RODRÍGUEZ

Para Feijoo, «hai cousas raras» nesta convocatoria de folga, aínda que non quixo abundar máis nunha situación xerada polos novos contratos que sacou a Xunta a licitación para cubrir unhas 600 rutas de autobús ás que previamente renunciaran as empresas. «É sorprendente que nós teñamos que buscar solucións cando eles renunciarion aos contratos», reflexionou o presidente, que garantiu que a mesa de negociación para achegar posturas segue aberta por parte da Consellería de Infraestruturas. Ademais, insiste en que o plan deseñado polo seu Goberno garante os postos de traballo e a estabilidade do sector.