Visita co autor a «600 versos»

La Voz

SANTIAGO

Paco Rodríguez

Urza falou sobre o seu proceso creativo

29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Javier Meléndez Ortega,

Urza

, ofreceu unha visita guiada á súa exposición

600 versos

, que se pode ver ata o 3 de maio na Galería Metro. O autor explicou aos asistentes os seus procesos creativos, ademais de reflexionar sobre outros asuntos relacionados coa arte. A obra que se pode ver no espazo expositivo compostelán é a primeira incursión na pintura do madrileño, con máis de 30 anos de traxectoria na escultura.