Viaqua pon en marcha un plan de hábitos saudables no centro de traballo

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Aproveita a celebración hoxe do día mundial da seguridade laboral para reiterar o seu «Compromiso 0 accidentes»

28 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Viaqua, que foi recoñecida o ano pasado pola súa baixa sinistralidade laboral, quixo aproveitar a celebración hoxe do día mundial da seguridade e saúde no traballo para reiterar o seu «Compromiso 0 accidentes» e dar a coñecer unha serie de iniciativas encamiñadas a promocionar entre os seus traballadores «un estilo de vida saudable, favorecer o benestar no traballo e fomentar a participación dos traballadores». Con esa intención hase posto en marcha un programa de hábitos saudables na empresa que inclúe xantares saudables e actividades para a conciliación familiar.