Serra do Barbanza, condenada a pagar 2,5 millóns a Fomento

Marta Gómez Regenjo
M. gómez NOIA / LA VOZ

SANTIAGO

A sentenza favorable a FCC, xestora da planta de Servia, responde a un incremento de puntos de recollida

28 abr 2017 . Actualizado ás 23:22 h.

Hai pouco máis de tres anos, no medio dunha serie de enfrontamentos xudiciais entre a Mancomunidade Serra do Barbanza, propietaria da planta de tratamento de lixo de Servia, e Fomento de Construcións e Contratas (FCC), a empresa que a xestiona, fíxose pública unha sentenza na que esta última saía vitoriosa. Entón, a entidade supramunicipal recorreu a decisión da Xustiza, pero esta volveu a pronunciarse no mesmo sentido e obrígaa a restablecer o equilibrio económico da firma, desbaratado polo incremento dos puntos de recollida de residuos fai dez anos. Isto significa que a mancomunidade deberá abonar a FCC 2,5 millóns de euros. Esta contía non responde só á instalación de novos colectores -140- en Porto do Son, Noia, Brión e Lousame, senón tamén ao aumento do custo do servizo que iso supón. En xuño do 2016, FCC solicitou a execución forzosa da sentenza, e o Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña considerouno procedente.