O Rosalía de Castro despide o curso ante o Innova Zamora

LA VOZ SANTIAGO

SANTIAGO

29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O Rosalía de Castro despedirá hoxe a tempada en casa ante o conxunto zamorano do Innova (19.00 horas). O conxunto colexial que dirixe Anxo Castro e Croque Soares recibirá a un equipo que chega tamén co obxectivo da salvación cumprido. Os santiagueses, que na actualidade están na novena praza, suman 12 vitorias e 13 derrotas. Intentarán ascender un posto máis na clasificación.