Piden ao Parlamento de Galicia que defenda o ensino da Filosofía

Susana Luaña Louzao
Susana Luaña SANTIAGO

SANTIAGO

CESAR QUIAN

Unha comisión formada, entre outros, por Carme Adán e Jorge Álvarez presentou a iniciativa no rexistro da Cámara

20 abr 2017 . Actualizado ás 14:38 h.

Unha comisión formada por Carme Adán, Jorge Álvarez e outros profesores de Filosofía presentou esta mañá no rexistro do Parlamento de Galicia unha iniciativa lexislativa popular para que o pleno debata unha proposición non de lei a fin de que o ensino de Historia da Filosofía mantéñase en segundo de bacharelato, como noutras comunidades autónomas. Entenden os promotores desta iniciativa que a filosofía, ao longo da historia pero «agora máis que nunca» é «necesaria» para formar persoas adultas e independentes, por iso recalcan que non se trata só de defender a materia senón de defender a presenza da filosofía na vida, xa que creen que «corre o risco de desaparecer».

A comisión reunirase con todos os partidos con representación na Cámara galega e despois iniciará a recollida de firmas.