En Marea pide ao Parlamento o amparo de Carmen Santos

A negativa do deputado popular Pazos Couñago a recoñecela como interlocutora motivou a decisión

.

Na tarde do mércores presentouse na comisión de Xustiza e Interior do Parlamento de Galicia unha proposición non de lei pedindo medidas de emprego para as persoas con discapacidade, unha proposta que o PP rexeitou porque quen a presentaba era Carmen Santos e os populares, desde o polémico tuit no que a secretaria xeral de Podemos responsabilizábaos da violencia de xénero, decidiron non recoñecela como interlocutora.

A comisión finalizou cun plante da oposición e hoxe, En Marea pediu formalmente o amparo de Carmen Santos á Mesa do Parlamento ao considerar, como recordaron Luís Villares e a propia Santos, que «a representatividade non a outorga o PP senón os cidadáns». Villares asegurou que se estaba convertendo nunha práctica pouco democrática pero «habitual no PP», que utilizaba a súa maioría para ignorar á oposición e non responder as súas preguntas, «como xa pasou esta semana con Manuel Lago», episodio que deu motivo a outra petición de amparo. Tamén se presentou unha queixa contra Paula Prado en termos similares polas súas leas con Santos nas redes sociais.

Votación
6 votos
Comentarios