Os organizadores agardan dous miles atletas na San Silvestre de Santiago

LA VOZ SANTIAGO

SANTIAGO

Álvaro Ballesteros

Na pasada edición houbo un dobre triunfo do atletismo compostelán

28 dic 2016 . Actualizado ás 05:00 h.

A capital galega despedirá o ano deportivo coa San Silvestre do sábado, unha carreira na que os organizadores agardan superar todos os rexistros de participación. Queren chegar aos dous mil atletas na liña de saída da praza do Obradoiro.

Na pasada edición houbo un dobre triunfo do atletismo compostelán. O santiagués Pedro Nimo brillou na San Silvestre e adxudicouse a vitoria na praza do Obradoiro. Fíxoo cun tempo de 13 minutos e 43 segundos. A primeira muller en cruzar a liña de meta foi Raquel Suárez Pedrosa, que repetiu a vitoria do ano anterior. Na terceira edición da carreira, cun percorrido de case catro quilómetros e medio, a compostelá investiu 15 minutos e 27 segundos.

Nimo impúxose na meta por cinco segundos de diferenza a Alberto Chaves (13.48). A terceira posición foi para Fernando Vales (13.49), quedando en cuarto lugar Arturo Ramos (13.52). Na carreira feminina chegou por detrás de Raquel Suárez, a case un minuto, Natalia Raña (16.17).

O ano pasado participaron máis de 1.800 atletas, superándose a cifra da edición anterior.