Rubén Riós desvela segredos da súa vida nun monólogo

La Voz

SANTIAGO

Cedida

A estrea será o día 15 na Sala Moon

10 dic 2016 . Actualizado ás 05:00 h.

Día 15 • 22 horas • Salga Moon • 5 euros en despacho de billetes (3 euros anticipada) • O actor e produtor Rubén Riós estreará o vindeiro xoves o seu espectáculo Memorias dun neno... perdido na Sala Moon. Trátase dun monólogo íntimo no que desvela segredos da súa vida.

Neste traballo repasa a súa traxectoria desde os seus primeiros anos en Riós, cando de pequeno soñaba con ser titiritero, ata a actualidade, despois de protagonizar filmes como Vilamor ou Pradolongo, ademais de actuar en series como Matalobos ou Urxencia Cero. «Levo un ano preparando este espectáculo e querendo compartir con toda a xente as andanzas que me levaron a vivir tantas e tan dispares experiencias e acabar sendo un neno perdido que sempre acaba encontrando o seu rumbo», comenta Riós.