A Anpa do Conservatorio pide que se amplíe o centro

santiago / A voz

SANTIAGO

Quere reunirse cos grupos municipais para explicarlles a súa demanda

23 abr 2016 . Actualizado ás 04:00 h.

A Asociación de Nais e Pais Via Stellae do Conservatorio Profesional de Música de Santiago solicitou senllas entrevistas aos representantes dos grupos municipais para trasladarlles a necesidade de ampliar o centro.

Nas reunións pedirase o apoio dos catro partidos políticos para que aproben unha declaración institucional no pleno neste sentido. No devandito acordo, a Anpa proporá que o Concello inclúa a cesión á Xunta de Galicia dos terreos municipais próximos ao centro, co fin de que asuma a ampliación do Conservatorio.