Instalados os carteis da zona azul en Sanxenxo

La Voz SANXENXO / LA VOZ

SANXENXO

CEDIDA

O período de estancia dos coches será de 90 minutos, segundo estes sinais

27 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Sanxenxo colocou xa na vía pública os carteis informativos do novo servizo de zona azul no centro urbano da localidade. Nestes carteis, con todo, precísase que o período de estancia dos coches nestas prazas será dun máximo de noventa minutos e non de dúas horas como se anunciou nun principio por parte do goberno local cando se deu a coñecer a súa implantación.

Estas prazas de zona azul son gratuítas, pero a Policía Local de Sanxenxo ocuparase de supervisar que os vehículos non prolonguen o seu estacionamento nestas áreas e, en caso contrario, imporanse sancións.