Choca contra unha gasolineira en Curro

Marcos Gago Otero
m. gago BARRO / LA VOZ

PONTEVEDRA CIDADE

Ramón Leiro

Ferido leve o condutor do furgón

25 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Unha ambulancia tivo que trasladar onte pola tarde ao condutor dun furgón, veciño de Vilagarcía, que saíu da vía na PO-531 e acabou chocando contra a gasolineira de Curro , en Barro. O accidente tivo lugar sobre as 16.05 horas, cando o 112 recibiu o aviso de que un camión que circulaba en sentido Pontevedra-Vilagarcía perdera o control e saíuse da calzada. O vehículo arrincou de raíz un das árbores que forman parte da decoración axardinada da gasolineira e a continuación chocou contra unha columna antes de seguir e pouco despois envorcar sobre o asfalto.

A cabina quedou esnaquizada, especialmente o asento do acompañante, que ía baleiro. O condutor quedou atrapado polo cinto e non podía saír el só do amasillo de ferros, polo que se pediu a colaboración dos bombeiros de Pontevedra, que extraeron ao home da cabina onde estaba atrapado polas pernas e unha man. O prognóstico era aparentemente leve.