Rafael Landín publica «Pontevedra de aquela»

La Voz

PONTEVEDRA CIDADE

rafael landin

Sucedeu en 1986

23 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

En 1986 por estas datas, Rafael Landín Carrasco, avogado, xornalista e político galego, publicaba Pontevedra daquela, unha crónica social, humana e festiva da pequena historia da cidade do Lérez de mediados do século XX. En certa forma foi a continuación do libro Do meu vello carné, que escribira o seu pai, Prudencio Landín Tobío, outra crónica social da Pontevedra de finais do século XIX e primeiras décadas do XX. Ambas as obras hanse convertido co paso do tempo en toda unha referencia para os pontevedreses e, en éraa das novas tecnoloxías, segue inspirando blogues e páxinas webs dedicadas a lembrar algúns os aspectos máis entrañables do pasado da cidade e as súas xentes.

Pontevedra daquela reflexa unha época, fundamentalmente a dos anos corenta e cincuenta, marcada polas dificultades e limitacións e tamén por certo optimismo en determinados ambientes sociais. O libro está cheo de apuntamentos, anécdotas, recortes de prensa e centos de fotografías.