Kiko Cadaval e Iria Collado fan de guías do Museo

La Voz

PONTEVEDRA CIDADE

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

O actor e a escritora pechan o ciclo de visitas dirixidas por personaxes relevantes do mundo da cultura

28 may 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Este domingo rematan as Visitas Cruzadas, unha atractiva forma de coñecer os fondos do Museo de Pontevedra da man de personaxes de relevancia da cultura galega que se puxo en práctica ao longo deste mes de maio.

O actor e director teatral, Kiko Cadaval, e a escritora Iria Collazo serán hoxe os guías ocasionais que poñan o broche final a estas orixinais visitas. Ambos os artistas, asesorados polo gabinete didáctico da institución museística, seleccionaron un percorrido didáctico de 30 minutos de duración, escollendo libremente as pezas das coleccións que estimen oportunas para ir explicando as súas visións persoais das obras e os motivos polas que as escolleron.

Estes guías farán percorridos diferentes e por separado, seguidos cada un deles por un grupo de 25 persoas. Ao culminar a primeira media intercambiaranse os grupos de visitantes que tiñan asignados, para facer unha segunda visita e á súa remate reencontraranse todas na planta superior do Sexto Edificio do Museo, na zona da terraza, para intercambiar a experiencia vivida.

Nestas Visitas Cruzadas dominicais participaron antes como guías ocasionais Uxía Senlle, Isabel Risco, Jorge Coira, Manuel gago, María lado e Kiko Novoa, entre outros.