Mar apoia con case 300.000 euros o funcionamento das federacións de confrarías

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

PONTEVEDRA CIDADE

XOAN CARLOS GIL

As que integran aos depósitos da Coruña e Pontevedra recibiron 90.000 euros cada unha, mentres que a que reúne ás confrarías lucenses recibiu 27.000 euros.

25 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, subscribiu varios convenios de colaboración coa federación galega e coas tres provinciais a través dos que contribúe con 297.000 euros ao funcionamento destas entidades. A agrupación autonómica, como as que integran aos depósitos da Coruña e Pontevedra, recibiron 90.000 euros cada unha, mentres que a que reúne ás confrarías lucenses recibiu 27.000 euros.

Os convenios asinados teñen como obxectivo financiar os gastos correntes que se produzan este ano polas actividades que desenvolva cada federación. Así, algúns dos gastos subvencionables a través desta colaboración son os de contratación de persoal, amortizacións e outros gastos correntes, como poden ser alugueiros, reparacións ou adquisición de material de oficina.

Para o control de cada un deses convenios crearase unha comisión de seguimento, que estará composta por dous membros de cada unha das partes. A vixencia destes pactos será ata finais de ano.