Veciños de Ponte Caldelas visitan a praia das Catedrais

La Voz

PONTE CALDELAS

concello de ponche caldelas

A actividade enmárcase no programa municipal «Caldelas Viaxa»

26 jul 2017 . Actualizado ás 21:07 h.

Un total de 160 veciños de Ponte Caldelas gozaron do espectáculo natural que ofrece a emblemática Ptaia dás Catedrais, en Ribadeo. A excursión chegou nun momento idóneo para a contemplación dos fermosos arcos rochosos deste areal e das pozas que se forman cando baixa a marea. O alcalde, Andrés Díaz, acompañou aos veciños nesta viaxe, que se enmarca no programa municipal Caldelas  Viaxa. A próxima saída será o 15 de agosto e o destino a Costa da Morte., con paradas en Fistera, fervenza de Ézaro, Carnota e Muros. O prazo para anotarse remata o día 11.