Tarde de cine para os nenos de Poio

La Voz

POIO

CEDIDA

A ludoteca proxectou Os Pitufos e a aldea perdida

24 may 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Os nenos da ludoteca das Escolas Deportivas de Poio fóronse onte ao cine a ver a película Os Pitufos e a aldea perdida. Acompañáronlles as súas mamás, papás e algunha avoa. Pasaron unha tarde moi divertida vendo como Pitufina e os seus irmáns percorrían un descoñecido bosque encantado ata chegar a unha vila de fábula.