Os veciños liberan a un veciño atrapado baixo un tractor

Alfredo López Penide
L. Penide CAMPO LAMEIRO / LA VOZ

CUNTIS

Ata o lugar do accidente desprazouse a Garda Civil e unha ambulancia do 061, que trasladou ao ferido ao hospital

22 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O lugar de Cimadevila, no municipio pontevedrés de Campo Lameiro, foi escenario onte pola tarde dun novo accidente cun tractor. Segundo explicaron desde o GES da Estrada, o condutor resultou atrapado por unha perna baixo unha das rodas do vehículo, polo que tivo que ser auxiliado e liberado polos seus veciños. Posteriormente, o 061 trasladouno a un centro hospitalario.