Insisten en denunciar demoras no centro de saúde de Caldas

Cristina Barral Diéguez
Cristina Barral CALDAS / LA VOZ

CALDAS DE REIS

Emilio Moldes

Independentes de Caldas afirma que hoxe se dan citas para consulta con algún médico para o 1 de agosto

21 jul 2017 . Actualizado ás 11:52 h.

A polémica ao redor da perda de calidade asistencial por falta de persoal no centro de saúde de Caldas de Reis continúa. O partido Independentes de Caldas de Reis (ICdR) insistiu hoxe na súa queixa despois da resposta oficial do Sergas a través da EOXI de Pontevedra e O Salnés. Segundo sinalou o concelleiro Fernando Pérez, a súa denuncia aludía a problemas de funcionamento por falta de facultativos. «Nós mantemos os nosos argumentos. En cambio o Sergas non aporta ningún dato obxectivo que desminta a nosa nota», apuntou. Engade que para saír de dúbidas hoxe realizou unha petición telefónica de cita dun usuario asignado ao médico que se xubilou a finais do 2016 e danlle vez para o 1 de agosto. «É dicir, dez días de lista de espera para unha consulta médica. O motivo é que esa praza se está cubrindo mediante unha substitución algúns días á semana, non todos e cada día cun médico diferente. Este é o exemplo concreto dun dos varios motivos polos que sacamos unha nota de prensa, pola clara perda de calidade asistencial», remachou o edil.