A balea seguía varada

Jesús Flores Lojo
Jesús Flores WAELRAD

BUEU

Álvaro Otero era case un rapaz en 1995 cando escribiu Waelrad

10 mares 2017 . Actualizado ás 11:34 h.

Álvaro Otero (Bueu, 1967) era case un rapaz en 1995 cando escribiu Waelrad, o relato que conta as peripecias dos veciños dun pobo costeiro galego, na posguerra, para desfacerse dun cetáceo que trouxera, xa moribundo, un barco. Tras aquel libro discorrería unha interesante carreira literaria, con novelas como Días de auga (premio Nostromo 2000) ou As noites de Claudia (2013), entre outras. Pero no balance de Álvaro Otero había unha débeda consigo mesmo: publicar Waelrad en castelán, pois, como el mesmo explica no prólogo desta recente edición, non quedara satisfeito dun traballo que inicialmente escribira en castelán e cuxa tradución lle parecía algo forzada. Na súa mente, por dicilo dalgún xeito, a balea seguía varada. Así sae agora á luz o relato orixinal, que dá vida outra vez a Paco Leis, a Suso Pedras ou a Evaristo Bohórquez nunha historia cómica e dramática a partes iguais, breve pero con percorrido.

AUTOR

ÁLVARO OTERO

EDITORIAL

CÍRCULO ROJO