Denuncian que en Ons se producen verteduras ao mar

La Voz BUEU / LA VOZ

PONTEVEDRA

AMAR MARIN

A eurodeputada Lidia Senra aesuró ante a Comisión Europa que a estación depuradora da illa «funciona mal»

27 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A eurodeputada Lidia Senra denunciou ante a Comisión Europa que a estación depuradora da illa de Ons «funciona mal» e que, como consecuencia, «se seguen producindo desauagadoiros directos ao mar». Senra pediu a intervención da Comisión Europea porque a depuradora da illa habilitouse no 2014 financiada nun 80 % con fondos europeos.

Ons é parte integral do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia e está dentro da Rede Natura 2000, ademais de ser unha zona especial de conservación e zona ZEPA de protección de aves. Senra agarda a resposta da UE ao longo deste verán.