O Condes de Albarei Teucro iniciará a liga na pista do MMT Zamora

Aleixandre Méndez
Aleixandre Méndez PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

CAPOTILLO

O equipo pontevedrés estreará o novo curso en Asobal ante o outro club que logrou o ascenso a pasada primavera

27 jul 2017 . Actualizado ás 12:58 h.

O Condes de Albarei Teucro comezará a nova tempada en Asobal o próximo 9 de setembro xogando a domicilio, concretamente na pista do MMT Zamora.

O emparellamento entre azuis e casteláns, que se coñeceu tras o sorteo celebrado este xoves ao mediodía, supón unha reedición do sucedido a pasada campaña en División de Honra Prata, na que tamén se viron as caras na primeira xornada na segunda categoría do balonmán nacional no feudo zamorano, sendo precisamente ambos os conxuntos os que lograrían o ascenso a final de curso.