As últimas festas na antiga capela do Burgo

La Voz

PONTEVEDRA

arquivo

Sucedeu en 1986

25 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

As festas de Santiaguiño de 1986 foron as últimas nas que os actos relixiosos se celebraron na antiga capela do Burgo, que estaba situada na cabeceira norte da ponte. A súa derriba produciuse en setembro dese mesmo ano, debido a unha nova ordenación viaria da zona, e en abril de 1987 colocouse a primeira pedra da nova igrexa parroquial levantada nuns terreos situados ao lado da bancada sur do campo de fútbol de Pasarón.

Aquela derriba provocou no seu momento fortes protestas en sectores cidadáns e organismos oficiais, entre eles o propio Colexio de Arquitectos. A Comisión Provincial para a Defensa do Patrimonio Histórico Artístico emitiu informes contrarios á desaparición da capela remitidos que remitiu ao propio Concello, ao Arcebispado de Santiago e ao Ministerio do Bras Públicas, organismo que proxectou a avenida de Compostela, cuxos accesos ocuparon o soar onde se atopaba a vella igrexa. Pero de nada serviu de nada. Non era un inmoble transcendental desde o punto de vista artístico, pero se pola súa significación histórica e o seu emprazamento no Camiño Portugués.