Traballadores de Elnosa denuncian na Comisaría a retirada das súas pancartas reivindicativas

Marcos Gago Otero
Marcos Gago PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Noemi Parga

O comité de empresa pide a colaboración do Concello de Pontevedra

19 jul 2017 . Actualizado ás 12:27 h.

O comité de empresa de Elnosa denunciou na Comisaría da Policía Nacional de Pontevedra a retirada das súas pancartas reivindicativas no centro da cidade. Os traballadores entenden que se está vulnerando se dereito constitucional de liberdade de expresión. Así mesmo unha vez que o alcalde de Pontevedra asegurou onte que o Concello non as retirou, os traballadores piden a colaboración municipal para visionario unha cámara do Concello que está preto de onde estaba unha das pancartas e así poder identificar o autor ou autores da retirada dos lemas reivindicativos.