Falece a pintora pontevedresa Chuneta

María Hermida
María Hermida PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

XOAN CARLOS GIL

Mañá celebrarase o funeral na igrexa do Bo Pastor de San Sebastián, onde vivía

25 jun 2017 . Actualizado ás 17:12 h.

Mercedes Sánchez-Agostiño Pita, coñecida como Chuneta, unha pintora que nunca deixou de innovar, faleceu no País Vasco, onde se asentou coa súa familia. Morreu moi novo e o seu óbito provocou unha fonda dor tanto na súa terra natal como en San Sebastián. Desde hai horas, amigos dun e outro lugar non deixan de mostrar a súa tristeza nas redes sociais. Chuneta era unha artista moi querida en Pontevedra, onde realizou numerosas exposicións. Por amor, tal e como contaba nunha entrevista hai anos, asentouse no País Vasco, onde tamén se fixo un oco de excepción no panorama artístico. Estaba casada con Francisco Javier Roig García-Bernalt e tiña dous fillos. O seu funeral celebrarase mañá, ás sete da tarde, na igrexa do Bo Pastor de San Sebastián.