Aparece morto na súa casa de Mourente un veciño de 33 anos

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Ao home non se lle vía desde o pasado domingo

27 may 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Un home de 33 anos de idade apareceu onte morto no interior da súa casa de Mourente. Ao parecer, non se lle viu desde o pasado domingo e podería levar xa varios días morto. Para acceder ao inmoble, situado na zona de Condesa, foi necesaria a presenza dos bombeiros, que puideron franquear a porta, xa que todas as fiestras e a propia porta estaban completamente pechadas. Ata a zona desprazouse tamén a Policía Nacional e os servizos fúnebres que se fixeron cargo do traslado do cadáver. En principio descártase unha morte violenta.