Acampada de convivencia escolar.

La Voz

PONTEVEDRA

ceip carballal

Os nenos CEIP Carballal no Cámping do Grove

25 may 2017 . Actualizado ás 05:05 h.

Os alumnos de Primaria do CEIP Carballal de Marín gozaron dunhas xornadas de convivencia no Cámping Fieitás do Grove. Practicaron múltiples actividades ao aire libre, como o surf, a construción de cabanas no monte e os circuítos de tirolina e escalada. Foron dous días intensos e emocionantes para os nenos.