Telmo Martín recuperará a alcaldía de Sanxenxo

Pita xustifica a ruptura do tripartito pola deslealdade dos seus ex socios do BNG e PSOE


Telmo Martín volverá asumir a alcaldía de Sanxenxo tras alcanzar un pacto de goberno, asinado esta mañá entre o PP e a formación independente SAL. O alcalde Gonzalo Pita renunciará a este posto pero manterá o seu escano asumindo o posto de tenente de alcalde. Populares e liberais suman doce escanos electos dunha corporación de 17, pero todo parece indicar que finalmente a ata agora edila de Seguridade Cidadá, a liberal Vanessa Rodríguez Búa, non participará neste bipartito. 

Martín e Pita asinaron un acordo onde se contempla a prioridade para obras como o colexio de Vilalonga, a posta en marcha do polígono de Nantes e a reforma da rúa Progreso.

O alcalde Gonzalo Pita xustificou a ruptura do tripartito que SAL mantiña con BNG e PSOE como consecuencia da <deslealdade> de nacionalistas e socialistas tomando o conflito polo parking da rúa Luis Rocafort e posterior falta de apoio público ao alcalde como <detonante>. 

Votación
25 votos
Etiquetas
Telmo Martín BNG PSOE PP Nacionalismo Sanxenxo
Comentarios