Un apagamento afecta a Pontevedra, Marín e Poio

PONTEVEDRA

O servizo estase repondo por tramos

21 abr 2017 . Actualizado ás 11:54 h.

Un apagamento sobre as once e media desta mañá sorprendeu aos veciños de Pontevedra, Marín e Poio. A incidencia deixou sen servizo tanto aos centros urbanos como ao rural e afectou a miles de usuarios. Gas Natural Fenosa iniciou a reposición do servizo por etapas e a luz regresou xa a boa parte dos afectados