Imaxe:

O rei das verbenas garda silencio ante a acusación de fraude fiscal

A Axencia Tributaria insiste en que a cifra de negocio no 2011 e 2012 roldou os 50 millóns fronte aos catro declarados


Pontevedra

Anxo Martínez Pérez, Lito, coñecido como o rei das verbenas de Galicia, acolleuse esta mañá na Audiencia de Pontevedra ao seu dereito a non declarar. Deste xeito, gardou silencio fronte ás acusacións de fraude fiscal que lle imputan a Fiscalía e a Avogacía do Estado.  Pola súa banda, os peritos da Axencia Tributaria insistiron en que a cifra de negocios da súa sociedade, Representacións Lito, foi de 26 millóns no 2011 e de preto de 24 un ano despois. Con todo, precisaron que se declararon 2.160.422 euros no primeiro destes exercicios e 1.997.967 euros. Inicialmente, o fiscal acusa a Lito de seis delitos fiscais, por media ducia de delitos fiscais polos que lle solicita 14 anos de prisión e multas que suman 21,6 millóns de euros, unha sanción que tamén se pide para a empresa. En canto á responsabilidade civil, reclámase o pagamento dun indemnización de máis de 9,5 millóns a favor do Estado.

Votación
15 votos
Etiquetas
Axencia Tributaria Fraude fiscal Anxo Martínez Audiencia de Pontevedra
Comentarios