Un panel informará sobre a calidade do aire cada día

La Voz OURENSE / LA VOZ

XINZO DE LIMIA

PABLO ARAUJO

O sistema permitirá ter un control constante sobre os niveis de concentración de sustancias no ambiente

27 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A Xunta instalará un dispositivo informativo na estación meteorolóxica recentemente creada na Limia, ampliando a rede galega de observación de calidade do aire a dez puntos (ademais de en a cidades, en Lalín e Ponteareas). «Con esta actuación preténdese ofrecer á cidadanía información actualizada diariamente e previsiblemente a cada hora sobre os índices de calidade do aire», explican desde a Consellería de Medio Ambiente. O sistema que se instalará permite ter un control constante sobre os niveis de concentración de sustancias no ambiente como dióxido de xofre, dióxido de azoute, partículas de diámetro inferior a dez micras, ozono e monóxido de carbono; e previr, deste xeito, posibles afectacións á saúde das persoas e á contorna. A instalación do panel en Xinzo será unha realidade cando se execute o contrato de subministración que saía onte licitado no Diario Oficial de Galicia. A compra dos dez paneis informativos que se colocarán por toda Galicia terá un custo total de 24.000 euros.