Piden ao Concello de Ribadavia que restaure o patrimonio municipal do centro histórico

La Voz OURENSE / LA VOZ

RIBADAVIA

MIGUEL VILLAR

Unha moción do PP empraza ao grupo de goberno a crear un servizo de conciliación familiar

27 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A corporación municipal de Ribadavia celebra esta tarde a sesión plenaria correspondente ao mes de xullo. Unha convocatoria que estará protagonizada polas mocións presentadas pola oposición.

Desde o PP hase rexistrado unha iniciativa emprazando ao Concello de Ribadavia a crear un servizo de conciliación familiar no municipio. Ribeiro en Común asina iniciativas relacionadas coa rehabilitación do patrimonio municipal situado no centro histórico e o arranxo dos colectores subterráneos existentes no municipio. Os dous puntos vinculados ao goberno municipal son os referidos á aprobación do prezo das entradas para o concerto de Efecto Corredor -actuarán no Portal- e a achega da administración local ao proxecto do horto escolar de Sampaio -8.000 euros-. En relación ao patrimonio municipal, o Concello de Ribadavia, conta con dous inmobles que no seu día foron adquiridos para crear un restaurante, xunto ao río, e un hotel. Tamén se dispón doutra casa e un soar. Os proxectos de restaurante e hotel concibíronse ao amparo dos fondos do Ari -o plan de rehabilitación do centro histórico-, aínda que o recorte das axudas só permitiu a súa adquisición, sen que se puidesen desenvolver os proxectos.