Acepta 8 meses de prisión por un delito continuado de furto

La Voz OURENSE / LA VOZ

RAIRIZ DE VEIGA

A muller levou varias xoias da casa do seu veciño e da vivenda do pai da súa parella

27 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Unha muller de 36 anos aceptou unha pena de oito meses de prisión por un delito continuado de furto. Os obxectos que subtraeu no mes de febreiro de 2013 son xoias. Da vivenda do seu veciño na localidade de Rairiz de Veiga, á que accedeu «nun descoido do mesmo», levou tres cadeas de ouro valoradas en 1.077 euros. Subtraeunas, sen necesidade de utilizar a forza, dun caixón da cómoda do dormitorio principal.

No segundo furto tampouco necesitou empregar a forza posto que se atopaba dentro da casa do pai do seu noivo cando colleu dous crucifixos de ouro, cinco cadeas do mesmo material, unha gargantilla de ouro branco e amarelo, un anel con incrustaciones de pedra e un par de pendentes, entre outros obxectos, valorados en 3.355 euros.

Finalmente, e tras confesarse autora dos feitos, a Fiscalía rebaixou a súa petición inicial de 16 meses de prisión.